Somos Mª José e Susana, estilistas profesionais dende hai máis de vinte anos, e cada día deles disfrutamos proporcionándoche o estilo máis axeitado á túa personalidade ou a quen queres ser, o que precisas para a túa vida diaria ou para ocasións especiais.
Dende maio de 2009 diriximos o salón de perruquería e estética Mª José & Susana, na rúa Novo Cazón de Vilalba.
Creamos esta web para achegarche o que diariamente podes atopar no noso salón: a nosa experiencia e coñecementos, vertidos nas últimas técnicas de coidado do cabelo e estética.
Tamén a creamos como un medio para coñecerte. Queremos recibir aquí as túas preguntas, resolver as túas dúbidas, ofrecerche consellos e escoitar as túas suxestións. Podes contactar con nós utilizando a pestana superior, ou achegarte ao noso salón.
Gostaríanos que esta fose unha das túas páxinas habituais, e que atopes nela o que precisas.
Benvid@!
o noso equipo ó completo
Motivación polo que nos gusta
Consegue unha imaxe actual
As nosas ganas de seguir aprendendo, coñecer as últimas tendencias de moda e os tratamentos máis innovadores permítennos garantir que esa imaxe actual que estás a buscar.